AS FAKE NEWS , QUE SON E OS SEUS PROBLEMAS

 As fake news son aquelas noticias que son falsas e buscan semellar ser verdadeiras para xerar una alarma social ou atraer a atención do maior número de usuarios posibles, co fin de xerar desinformación que pode producir algúnproblema a algunha empresa a entidade do goberno ou a algún individuo  ou ben reconducir hacia algún outro tipo de fraude.

Esta é unha ameaza importante na actualidade xa que agora xerar este tipo de desinformación é máis facil debido á nosa constante conexión có internet e as redes sociais.  Esta conexión fíxonos perder a “áncora” que fai que poidamos acreditar con certeza unha noticia ou información, xa que antes sabías que unha información ia ser fiable se collias o periódico ou se mirabas a tele ou escoitabas a radio, mais agora as noticias falsas e as verdadeiras teñen o mesmo formato, e dicir a mesma “áncora” e son mais complicadas de diferenciar.

Visto que é un problema na nosa sociedade actual o obxetivo é erradicalas e para iso precisase a colaboración de todas as persoas posibles xa que a forma de contrarrestar estas "Fake news" é informarse correctamente, en vez de ler só o titular o que se debería de facer é ler toda a noticia e buscar diversas fontes de información para contrastala, e unha vez sabes se é real ou falsa sé é falsa dislle ao teu círculo de persoas máis próximo que non compartan dita información ou que en caso de que lles pregunten desmentila.




Comentarios

Entradas populares